BADALADAS DE AMOR E MORTE

2019 | 19’ | España | Galego |  Estrea en Galicia

Dirección e guión: Iria Ares Produción: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares Fotografía: Fernando Jover Son: Xavier Olite Música: Manu Conde Montaxe: Marino García Elenco: Iria Ares, Xoán Carlos Mejuto e Manuel Lourenzo (narrador) Vai de: Unha homenaxe ao cine de Orson Welles e a dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño. Unha historia romántica cunha única protagonista: a morte. Conta a lenda que o último día do ano, cando soan as 12 badaladas de medianoite, acoden ao cemiterio as almas dos que van morrer ao ano seguinte. Serás ti un deles?  O detalle: Iria Ares volve ser finalista en Cans, por segunda vez, con esta singular curta en branco e negro seleccionada na competición oficial do Medina Film Fest.