BABYKATZE

Xoves 3 | 23.00 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río

Babykatze estreará o seu vídeo Pantera e ofrecerá un concerto no que entrelazará imaxe e música para crear un personaxe etéreo e sorprendente, cunha mensaxe de carácter universal. Poderemos compartir unha viaxe a un mundo onírico tecido con capas electrónicas, sintes e samplers onde se mesturan ritmos contundentes cunha voz máxica.