O FESTIVAL DE CANS ENTREGA A 15 NENAS E NENOS DA ALDEA VALES PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR

CANS 2020 XEROU 108 CONTRATACIÓNS E TRABALLOU CON CERCA DE 30 EMPRESAS DE SERVIZOS LOCAIS

“TODO EL MUNDO SE PARECE DE LEJOS” DE RAFA DE LOS ARCOS GAÑA O PREMIO DOS CINECLUBES QUE CONCEDE CANS

El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOMETRAJES DE SU SECCIÓN OFICIAL

El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOS DE SU SECCIÓN OFICIAL

 

O FESTIVAL DE CANS ABRE POR VEZ PRIMEIRA UNHA VERSIÓN ON LINE CON TODAS AS CURTAS DA SECCIÓN OFICIAL

CANS PROMOVE A DIFUSIÓN DAS CURTAS PREMIADAS: DAS SALAS E O AUTOCINE Á PROXECCIÓN EN INTERNET

A EDICIÓN EXPANDIDA DO FESTIVAL DE CANS CHEGA ESTA SEMANA A NOVE CINES DE TODA GALICIA

“XOVES DE COMADRES”, DE NOEMÍ CHANTADA, CURTAMETRAXE TRUNFADORA NO XVII FESTIVAL DE CANS

  • A cinta da realizadora viguesa fíxose con 4 dos premios principais: Mellor Curtametraxe, Mellor Guión, Premio do Público e o do Xurado dos Veciños e Veciñas.

Continúe lendo “XOVES DE COMADRES”, DE NOEMÍ CHANTADA, CURTAMETRAXE TRUNFADORA NO XVII FESTIVAL DE CANS

AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON OLIVER LAXE, NO GRAN DÍA DO FESTIVAL DE CANS

O FESTIVAL DE CANS ACOLLE MAÑÁ VENRES A ENTREGA DO PREMIO PEDIGREE A MANANE RODRÍGUEZ E A PROXECIÓN DO DOCUMENTAL “ENMA PINO”

OS PROTAGONISTAS DE ‘O QUE ARDE’ E A ESTREA DE ‘A ILLA DAS MENTIRAS’, NA SEGUNDA XORNADA DE CANS 2020

CANS 2020 COMEZA COA HOMENAXE A CHANO PIÑEIRO E A EXHIBICIÓN DAS CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS

A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE RUBÉN DE MARINA E SEBASTIÁN COCUCCI NO PORRIÑO ABRE A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS

CANS TERÁ UNHA VERSIÓN EXPANDIDA EN SALAS DE CINE DE TODA GALICIA E UNHA VERSIÓN EN LIÑA

CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA

ARIMA

ARIMA

Xoves 3 | 17 h. | Círculo Recreativo e Cultural do Porriño | Aforo: 120 persoas (con retirada de entrada e preinscrición).

2019 | 77’ | España | Galego | Drama 

Dirección e guión: Jaione Camborda Produtora: Esnatu Zinema Produtores executivos: Jaione Camborda, Carlos M. Carbonell e Alfonso Zarauza  Fotografía: Alberte Branco Arte: María Lolo Montaxe: Marcos Flórez Son directo: Javier Pato Deseño de son: David Machado e Juan Carlos Blancas Elenco: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera Sinopse: A vida de catro mulleres e dunha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, agochándose no pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico. O outro, un home ferido e armado, perturbará de diferente xeito a vida das mulleres. A historia móvese na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo. Premios: Festival de Cine de Sevilla: premio á mellor dirección na sección Nueva Olas / Márgenes: premio á mellor película na sección Escáner / Festival de cine de Gijón: Premio WIP Push Play Proyect.

Coa presenza da directora e da actriz Melania Cruz.

Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas

BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS

AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS

O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO  NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO

O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA

Cans, O Porriño, 4 de agosto de 2020.-Primeiro pasaron polo Festival de Cans, e obtiveron o recoñecemento do público ou o do xurado. E agora serán exhibidas na cidade portuguesa de Caminha. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA

A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS

Cans, O Porriño, 30 de xullo de 2020.- A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. Continúe lendo A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS

OLIVER LAXE E O MÚSICO HENDRICK ROVER ESTARAN NO ESPAZO ESTRELLA GALICIA

Cans, O Porriño, 24 de xullo de 2020. O director de cine Óliver Laxe, un dos directores de maior prestixio internacional, e o coñecido músico Hendrick Rover, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans Continúe lendo OLIVER LAXE E O MÚSICO HENDRICK ROVER ESTARAN NO ESPAZO ESTRELLA GALICIA

UN PROXECTO SOBRE O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ NA BIENAL DE VENECIA DE ARQUITECTURA, A MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO

A Bienal de Venecia de Arquitectura, considerada a máis importante do mundo, acollerá na vindeira edición un proxecto baseado no Festival de Cans e os seus jalpóns, que cada ano se reconvirten en espazos adicados ó cine, e que este ano prevé celebrar a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

Continúe lendo UN PROXECTO SOBRE O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ NA BIENAL DE VENECIA DE ARQUITECTURA, A MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO

XURADO FICCIÓN E ANIMACIÓN

XURADO CURTAMETRAXES FICCIÓN / ANIMACIÓN

 

ANDREA VÁZQUEZ, produtora e realizadora. Fundou en 2006 a súa propia produtora, Miramemira, coa que desenvolveu proxectos relacionados coa videocreación, a danza ou a fotografía. Logo de producir a multipremiada O que arde, de Oliver Laxe, na actualidade traballa na súa segunda longametraxe como produtora, San Simón, do director Miguel A. Delgado.

MILO TABOADA, actor. Foi socio fundador da sala de espectáculos e microteatro La Tuerka 27, un referente cultural na Coruña. Deu o salto ao cine en 2006 con El laberinto del Fauno, de Guillermo del Toro, ganadora de tres Oscar. Participou en series como Matalobos, Fariña e Criminal e Hache, e en películas como Dhogs, Elisa e Marcela ou A illa das mentiras.

JULIO FEO, xornalista e crítico de cine. Nacido en Madrid pero residente en París desde mediados dos 70, é unha institución da crítica cinematográfica en Francia. Leva décadas cubrindo como crítico os festivais de cine máis prestixiosos do mundo, como Cannes, La Habana, Mar de Plata ou San Sebastián. Neste último presenta tamén a sección adicada ao cinema latinoamericano “Horizontes Latinos”.

PAULA CONS, directora. A xornalista creou e dirixiu programas de televisión antes entrar na ficción con Ideas peregrinas, gañadora do Concurso Internacional de Guión Camiño do Xacobeo 2004. No seu currículo destacan títulos como Eduardo Barreiros, el Henry Ford español, La batalla desconocida e Oro negro. Volve a Cans para estrear en salas o seu último filme, A illa das mentiras, que presentou o ano pasado na sección ‘Fill@s de Cans’.

DANIEL FROIZ, productor. O pontevedrés Daniel Froiz montou en 2005 a súa productora Matriuska Producciones coa que aposta polo talento de novos creadores e o cinema de autor. Do seu selo saíron películas como Las altas presiones e A estación violenta. Na actualidade está metido na produción e desenvolvemento de dúas longas de ficción: Honeymoon, de Enrique Otero, e Algo parecido a la felicidad, de Álvaro Gago.

XURADO FURACANS-NOVAS CAMADAS

XURADO FURACANS-NOVAS CAMADAS

 

JAIONE CAMBORDA, directora e guionista. Cunha ampla traxectoria como curtametraxista, a vasca residente en Galicia Jaione Camborda filmou este ano a súa primeira longametraxe, Arima, Premio á Mellor dirección na sección ‘Nuevas Olas’ do Festival de Sevilla. Tamén ten un completo currículo como guionista (Os fenómenos, Ons), directora de arte e mesmo produtora na compañía que fundou, Esnatu Filmes. 

JULIA JUÁNIZ, montadora e directora. A navarra Julia Juániz é unha institución no cinema español. Montadora de máis de 50 longametraxes, traballou con Basilio Martín Patino, Víctor Erice ou Carlos Saura, con quen montou oito películas, entre elas Goya en Burdeos, pola que foi seleccionada nos Goya. En 2005 acadou o Premio do Círculo de Críticos Cinematográficos pola montaxe de El cielo gira, de Mercedes Álvarez. É membro da Academia Española de Cine e da Academia de Cine Europeo.

ÁNGEL SANTOS, crítico e realizador. Licenciado en Historia da Arte, Ángel Santos (Marín, 1976) estudou no Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya (CECC). Desde 2002 alterna curtas e longas, ficción e ensaio documental (O Cazador, Fantasmas#1, Fantasmas#2, Adolescentes). Las altas presiones, segunda das súas longametraxes, estreouse no Festival Internacional de Busan (BIFF, Corea do Sur) e no Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) onde obtivo o Premio Nuevas Olas ao mellor filme europeo. É co fundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, no que exerceu director artístico ata este mesmo ano.

XURADO VIDEOCLIPS

XURADO VIDEOCLIPS

 

FERNANDO NEIRA, xornalista e crítico musical. Colaborador do xornal El País desde mediados dos 90. Fernando Neira é un dos máis reputados críticos e cronistas musicais españois, responsable tamén da sección musical do programa Hoy por Hoy, da Cadena Ser, e da comunicación da Fundación AISGE. 

ISABEL F. REVIRIEGO, ARIES, compositora, produtora e artista gráfica. Despois de pasar por coñecidas bandas como Charades, a bilbaína Isa F. Reviriego instálase en Vigo, onde se reinventa co pop vibrante de Aries, que compaxina cos seus traballos como artista gráfica, escritora e compositora de son para videoxogos como Melbits world (Playstation 2018). 

PABLO PORTERO, guionista e director. O ferrolán é autor, xunto a Fernández Rego, do libro Galicia en clips (Volta Editores, 2012), e tamén realizador de videoclips, documentais e spots. Foi xefe de programación da sección ‘Videoclips Galicia’ no Curtocircuíto e director dos ciclos Ferrol de Cine. Na actualidade traballa no proxecto dun documental sobre o videoclip en Galicia.

XURADO DOS VECIÑOS

XURADO DOS VECIÑOS E VECIÑAS

 

MARIBEL RODRÍGUEZ, Maribel do Barbado. Maribel é unha taberneira que segue a tradición familiar dos seus pais, quen rexentaron o histórico Bar Barbado. Ten 50 anos e naceu e criouse no Barrio dos Eidos. 

PLÁCIDO NOVAS. Empresario da construción, de 53 anos, Plácido é quen lle fai as obras na casa a media aldea. Representa ao barrio do Sabiás.

ROSA BERNÁRDEZ, Rosa de Xano. Monitora de autoescola, ten 51 anos e ademais é a coordinadora habitual das pequenas e pequenos do festival. Representa ao barrio do Paínzal.

YAGO DACOSTA. Yago é esta edición o benxamín do xurado: 15 anos, aínda que colabora co festival desde moi pequeno. Vai comezar a estudar comercio e vive no barrio da Adroza.

MIRIAM BUGARÍN, Miri. Miriam ten 38 anos, é enfermeira e representa ao Barrio das Sequeiras, onde vive.