ASTROGIRL (CONCERTO MEIGAS FORA)

Sábado 21 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
Capacidade: 500 persoas

Astrogirl é María Jesús Cabana, artista coruñesa que comezou a súa aventura musical en 2014. O segundo premio no certame Outra+outra de 2017 levouna por primeira vez ao estudo para gravar o EP Cosmos Inside (2018), ao que seguiron os elepés TORO (2018) e Portales (2021). En 2018, xa con banda, quedou semifinalista no concurso Proxecto Demo de Radio 3, e tocou no Festival Noroeste EG e no Festival da Luz, ademais de en salas como a Capitol (Compostela) ou a Mardi Gras e o Baba Bar (A Coruña). Polo seu contido emocional, as de Astrogirl son cancións que no deixan indiferente, interpretadas cunha voz a medio camiño entre a fraxilidade e a contundencia, sempre impregnada de sensibilidade e de matices.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

5 × 2 =