ASÍ CHEGOU A NOITE

 

Dirección e guión: Ángel Santos Vai de: O filme parte dun escultor na trintena que establece un proxecto de residencia artística nunha zona rural da costa galega co obxectivo de dinamizar a vida cultural da súa contorna, ao tempo que procura reconectarse coa necesidade do seu propio traballo artístico. Progresivamente, vaise desvinculando das súas relacións anteriores, illándose e abandonando todo contacto con amigos e familiares. Así chegou a noite é un filme sobre a identidade e a súa fraxilidade. O que cremos ser, o que desexariamos ser: esa incerteza será o principal terreo de investigación da cinta. Estado: En desenvolvemento en busca de coproducións O detalle: Coa súa anterior longametraxe de ficción, Las altas presiones (2014), Ángel Santos obtivo o premio Nueve Olas no Festival de Sevilla.