AS LIÑAS DESCONTINUAS

 

Dirección e guión: Anxos Fazáns Vai de: Denís é un rapaz trans de 25 anos en busca de traballo e independencia. Bea é unha muller de 50 anos que acaba de iniciar o seu divorcio. Coñécense nunha situación estraña e violenta e, malia o improbable da circunstancia, xorde entre eles unha atracción inmediata. As liñas descontinuas son o que permite pisar a raia, saírse do camiño para adiantar ou cambiar de dirección. Estado: Escritura de guión O detalle: Segunda longa logo do seu debut con A estación violenta (2017), a pontevedresa Anxos Fazáns é ben coñecida no Festival de Cans, onde participou coas curtas Direcciones e Nacer.