ANATOMÍA DUNHA SEREA

2022 | 14’ 55’’ | España | Galego | Estrea absoluta

Dirección, guión e fotografía: Adriana Páramo Produción: Annabelle L. Mullen Montaxe:  Hugo Alves Animación: Borja Santomé Son: Soundtroop Música: David Santana Cabrera Reparto:Iria Pinheiro Vai de: Tras recibir un trato desapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro comeza un trámite xudicial contra o SERGAS, pero, desanimada fronte ao complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia.

O detalle: Adriana Páramo partiu para realizar esta curta da peza de teatro documental construída sobre a memoria e a traumática experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

14 + 20 =