ALÉN MAR

 

Dirección e guión: Andrés Sanjurjo. Produción: Acariño Filmes. Vai de: Alén Mar é un diario de viaxe que mostra a relación dunha parella co mundo a través dunha mirada melancólica sobre a ausencia dunha irmá para facernos reflexionar sobre como aprender a vivir no mundo sen un ser querido. Estado: Fase final de montaxe O detalle: Despois de traballar como auxiliar de dirección de Oliver Laxe en O que arde, Sanjurjo inicia o voo en solitario desde a súa produtora.