A LINGUA RESISTE NO ESTÓMAGO DUN AGRICULTOR MORTO

2022 | 7’ | España | Galego | Estrea en Galicia

festival de cans 2023: A LINGUA RESISTE NO ESTÓMAGO DUN AGRICULTOR MORTO
Dirección, fotografía, música e montaxe: Acacia Ojea López Guión: Lupe Gómez Produción: Cristina Hergueta, Carmen Bellas e Tasio Banda sonora: Caos Graníticos, de Mounqup Vai de: As palabras de Lupe Gómez dialogan coas imaxes dunha Galicia contemporánea filmada por Acacia Ojea. Unha conversa sobre como nos enfrontamos e abrazamos as tradicións, como as reproducimos desde abaixo e como nos condiciona a aprehensión. Un baile de corpos e emocións que conviven e oscilan da rabia á calma. O detalle: Ojea toma versos da poeta Lupe Gómez para indagar sobre a identidade e o respecto pola terra e a tradición.
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one + three =