A ILLA DAS MENTIRAS

Xoves 3 | 19.30 h. | Círculo Recreativo e Cultural do Porriño | Aforo: 120 persoas (con preinscrición).

2020 | 1 h. 33 m. | España, Arxentina, Portugal | Galego e español 

[Estrea en salas de cine]

Dirección: Paula Cons.

Guión: Paula Cons e Luis Marías.

Produción: Agallas Films / Aleph Media / ETB / Historias del Tío Luis / INCAA / ICAA / Ibermedia / TVE / Televisión de Galicia.

Elenco: Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Leire Berrocal, Javier Tolosa, Sergio Quintana, Miguel Borines, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal.

Montaxe: Julia Juániz.

Fotografía: Aitor Mantxola.

Música: Sebastián Escofet.

Son: Javier Stavropulos.

Dirección de arte: Antonio Pereira.

Dirección de produción: Lucía Baleato.

Vai de: 2 de xaneiro de 1921. O Santa Isabel, un barco de vapor que se dirixe a Buenos Aires con 260 emigrantes, afúndese fronte á costa de Sálvora nunha noite de brétema espesa. María, Josefa e Cipriana, tres veciñas da illa, deciden  botar unha gamela e conseguen salvar a 50 persoas. Ao pouco, un xornalista arxentino viaxa a Sálvora para cubrir a noticia e descobre que o acontecido podería ser máis que unha casualidade.

O detalle: O filme, debut na ficción da cineasta Paula Cons, foi seleccionado para o Festival Internacional de Shanghai (SIFF), un dos máis importantes do mundo.