A CAIXIÑA DOS MISTOS

Curtametraxes de animación
Sábado 21 | 15.30 h. | Caravana no parque do Río
Capacidade: 20 persoas. Quendas de 20’

Despois de dous anos de pandemia, volve a Cans a maxia da Caixiña dos Mistos, un dos espazos con máis éxito entre os pequenos. A clave está en gozar dunha selección de curtametraxes de animación para público infantil no interior dunha vella caravana dos anos sesenta, acondicionada como sala de cinema, á que só se poderá entrar en grupos reducidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

1 × 5 =