Un total de nove estreas terá este ano a competición de Ficción e Animación do Festival de Cans, na que haberá dez obras. Catro das obras terán a súa estrea absoluta e cinco delas será a primeira vez que se poidan ver en Galicia. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS TERÁ NOVE ESTREAS NA COMPETICIÓN DE FICCIÓN E ANIMACIÓN
Mes: April 2025
O FESTIVAL DE CANS DEDICARÁ O FOCO INTERNACIONAL AO CINEASTA BOLIVIANO ALEJANDRO LOAYZA
A XXII edición de Cans, que terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, dedicará o seu Foco Internacional ao boliviano Alejandro Loayza Grisi, chamado a ser unha das grandes promesas do cinema latinoamericano, que estará presente no certame.
MONDRA MUSICARÁ EN DIRECTO NO FESTIVAL DE CANS MISS LEDYA
O cantante e músico Mondra, un dos grandes artistas galegos actuais, fará unha actuación única no Festival de Cans poñendo música en directo ao filme mudo Miss Ledya, película de 1916 que está considerada a primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que Castelao ten un papel como actor.
Continúe lendo MONDRA MUSICARÁ EN DIRECTO NO FESTIVAL DE CANS MISS LEDYA
OITO OBRAS COMPETIRÁN NA CATEGORÍA FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
Un total de oito obras estarán na sección competitiva Furacáns do Festival de Cans, a sección destinada ás curtas de non ficción e a traballos que exploran vías narrativas de maior risco, que terá lugar o sábado 24 de maio.
Continúe lendo OITO OBRAS COMPETIRÁN NA CATEGORÍA FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
BIZNAGA E SANTERO Y LOS MUCHACHOS ESTARÁN NA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
O Festival de Cans, que se celebrará entre o 20 e o 24 de maio, contará nesta edición con máis de vinte actuacións musicais, programando as principais para o venres 23 e sábado 24 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, o gran epicentro musical e, o Torreiro, lugar emblemático da aldea. Continúe lendo BIZNAGA E SANTERO Y LOS MUCHACHOS ESTARÁN NA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
ANTES DE NÓS, O FILME DE ÁNGELES HUERTA SOBRE CASTELAO, ABRIRÁ O XXII FESTIVAL DE CANS
A película Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, será o filme de apertura da XXII edición do Festival de Cans, que este ano celébrase entre o 20 e o 24 de maio. Continúe lendo ANTES DE NÓS, O FILME DE ÁNGELES HUERTA SOBRE CASTELAO, ABRIRÁ O XXII FESTIVAL DE CANS