16 DE DECEMBRO

2019 | 13’ 51’’ | España | Galego e español

Dirección e guión: Álvaro Gago Produción: Mireia Graell e Álvaro Gago Fotografía: Lucía C. Pan Son: Xavier Souto Música: Xavier Bértolo Montaxe: Ricardo Saraiva Elenco: Cris Iglesias, Javier Valcarce Vai de: Sábado á noitiña. O balón móvese rápido dun extremo a outro. Os corpos tentan gañar a posición nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer. O detalle: Gañador do noso festival  en dúas edicións, a última delas coa aplaudida Matria, Álvaro Gago regresa este ano a Cans cunha curta estreada no Festival de Locarno que leva apañados xa máis de dez premios internacionais.