Queres patrocinar?

A continuación vos detallamos as distintas opcións de colaboración económica co Festival de Cans e a visibilidade que lles reportaría á vosa marca, empresa ou proxecto.

Para informarse dos prezos e condicións económicas, enviar correo a patrocina@festivaldecans.com.

OPCIÓN 1. Como marca patrocinadora.

1) Proxección dun spot da marca de 20 segundos (aprox.) antes dos momentos centrais do festival: o xoves antes da película de estrea e o venres e o sábado no Torreiro.

> Impacto aproximado de chegada: 5.000 persoas.

2) Lona visible da marca (en función da aportación) na zona do Torreiro, epicentro do certame.

> Impacto aproximado de chegada: 12.000 persoas.

3) O logotipo da marca aparecerá destacado antes das proxeccións nas salas, na cartelería, no programa de man, na web, no xornal oficial, na lona central e na portada das redes sociais (máis de 30.000 seguidores).

4) Banner na web oficial do festival.

5) Dereito a entregar un dos galardóns do festival durante a clausura.

6) Dúas entradas para acceder ás salas.

7) Packs completos de merchandising, invitacións (a convir) para asistir á comida oficial do festival e dispoñeredes dunha habitación dobre para pasar a fin de semana.

OPCIÓN 2. Como marca colaboradora.

O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Colaborador” na cartelería, no programa de man, na web, no xornal oficial, na lona central e na portada das redes sociais.

Presenza puntual a través dun soporte a convir en diferentes espazos do festival (o Jaliñeiro, o Cans Voulevar, o Parque do río, etc.).

*Posibilidade de protagonizar en exclusiva eses espazos segundo aportación económica.

Ademais, recibiredes dous packs completos de merchandising, dúas invitacións para asistir á comida oficial do festival e dúas entradas para acceder ás salas.

OPCIÓN 3. Emprazamentos.

Posibilidade de darlle visibilidade á marca en espazos concretos do festival cedendo produto ademais dunha aportación económica a convir.

OPCIÓN 4. Apadriñando un jalpón.

1) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Colaborador” na cartelería, no programa de man, na web, no xornal oficial e na lona central.

2) Comunicación do apadriñamento nas redes sociais do festival.

3) Posibilidade de entregarnos un spot (máximo de 20 segundos) para proxectar antes das curtametraxes na sala apadriñada.

4) Posibilidade de situar un roll up coa túa marca presidindo a entrada do jalpón que decidas apadriñar.

5) Un pack de merchandising e dúas entradas para as proxeccións das curtametraxes.

*Hai dous tipos de jalpóns (distintos prezos): o Estándar, no que se proxectan as curtametraxes, e o Premium, no que ademais se desenvolven outro tipo de actividades en distintos días do certame.

OPCIÓN 5. No CanZine, xornal oficial.

Inserción de publicidade dende un módulo ata unha páxina enteira. Prezos entre 50€ e 600€ (contraportada).

Distribúense 4.000 exemplares durante os catro días que dura o certame.

> Impacto aproximado de chegada: 10.000 persoas.

Consultar prezos e medidas dos anuncios.