O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns

Aínda cos múltiples recoñecementos e o interese que esperta o festival, continúa sendo complexo completar toda a financiación para poder levalo a cabo. A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans, para poder completar satisfactoriamente o orzamento previsto para o evento, volve facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao seu financiamento ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración e patrocinio, entre elas, o apadriñamento ou amadriñamento dun jalpón. As súas salas de proxección, tanto da sección oficial de curtametraxes a concurso como das seccións paralelas e onde teñen lugar encontros e presentación de proxectos, póñense a disposición de patrocinadores públicos e privados como espazo promocional privilexiado.

O Festival de Cans continúa deste xeito explorando novas vías de financiamento e buscando novos apoios co obxectivo de xerar recursos. En anteriores edicións xa se puido constatar unha moi boa resposta, sobre todo por parte de pequenas empresas de distintos sectores.
 
Aquelas empresas que estean interesadas en apoiar o festival poden contactar coa organización a través do mail patrocina@festivaldecans.com.