Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’

Xurxo_Souto2

Xurxo Souto (A Coruña, 1966) escritor, guionista e coñecido sobre todo como músico e cantante dos Diplomáticos de Monte Alto. A súa relación coa aldea de Cans foi un “amor a primeira vista”. Desde a primeira vez que apareceu pola aldea para conmemorar os 20 anos do movemento Bravú e revolucionar a todos os que asistiron aos seus coloquios, Souto realiza un roteiro sonoro pola parroquia, que este ano repetirá con sorpresas, e que é unha das grandes atraccións da mañá do sábado do festival. Convertido xa nun membro máis da familia, nestas camiñadas logra implicar a veciños e veciñas cantando, tocando instrumentos e contando fabulosas historias descoñecidas ás veces incluso para eles mesmos, aos que guía co seu corno de mar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seven − 3 =