Xurado dos videoclips

Paloma Zapata, directora. Realizadora formada inicialmente en Belas Artes e videoarte, dirixe en Barcelona a produtora La Fábrica Naranja. Ten unha ampla traxectoria como realizadora de videoclips para recoñecidas bandas como Caléxico, Izal, Amparanoia ou Julián Maeso. Dirixiu o documental musical Casamance: La banda sonora de un viaje, rodado en África co músico Depedro, que se proxectará en Cans.

Fernando F. Rego, crítico musical e escritor. Crítico musical e escritor. Colaborador de Mondosonoro e Rockdelux e responsable do selo Ferror Records. Administrador de La Fonoteca, plataforma dixital de referencia da música española. Autor, entre outras obras, de Galicia en clips (con Pablo Portero, Volta, 2011), manual referencial dos videoclips galegos, e da biografía Andrés Dobarro: Saudade (La Fonoteca, 2015). Está a piques de publicar con Galaxia Unha historia musical en Galicia: 1952-2018.

Eduardo Herrero, xornalista, músico e director. Xornalista da TVG e músico da banda En Casa del Herrero. Director do programa musical da Radio Galega Fío condutor. Está preparando con Manuel Lemos o documental Kevin vs. Ray, sobre a peripecia vital de Kevin Weatherill, líder da histórica banda Immaculate Fools.