Xurado dos veciños

Belarmino Giráldez, “Mino do Monte”. Ten 76 anos e é traballador xubilado da construción. Vive no Barrio do Monte, o punto máis alto da aldea de Cans.

Mónica Acuña, “Mónica do Cuñas”. Ten 44 anos e é peixeira na Praza de O Porriño. Vive no Barrio da Buraca.

Jennifer Avelino, “Jenny de Olga”. Ten 26 anos e traballa como camareira. Do Barrio da Graña.

Saladina Rodríguez Fortes, “Dina da Cavadiña”. Ten 81 anos e traballou como ama de casa, agora xa xubilada. Do Barrio da Cavadiña.

Manuel Sánchez Campos, “Lolo de Julia”. Ten 59 anos e traballa na estación da Inspección Técnica de Vehículos. Vive no Barrio da Carreira.

 

previo