Xurado de Ficción e Animación

Nieve de Medina, actriz. Actriz que ten participado en máis de dez longametraxes, entre as que destacan El Bola de Achero Mañas ou Los lunes al sol de Fernando León de Aranoa, intepretación pola que estivo nominada ós Goya. Ten traballado en teatro, numerosas series de televisión e sempre está disposta a embarcarse na rodaxe de curtametraxes.

Isabel Naveira, actriz. Agora recoñecida en toda España co seu papel de Pilar Charlín na exitosa serie Fariña, a Isabel Naveira xa a coñeciamos en Galicia polo seu gran traballo en series como Matalobos, Serramoura ou anteriormente Mareas vivas. Ten traballado en varias longametraxes e numerosas curtametraxes. Un dos primeiros premios da súa carreira recibiuno en 2006 en Cans, o premio á mellor actriz pola curta Te quiero mal.