WYOMING Y LOS INSOLVENTES

Concerto Estrella Galicia
Sábado 25 | 00h30 | Torreiro de Cans

A estas alturas todo o mundo sabe quen é o Gran Wyoming, sexa pola súa labor como presentador de El Intermedio ou Caiga Quien Caiga ou por unha carreira cinematográfica na que ten traballado con cineastas como Fernando Trueba, Álex de la Iglesia ou Carlos Saura. Pero o público habitual de Cans coñece tamén a que é a súa auténtica paixón: tocar rock and roll. Dende os seus inicios no mundo do espectáculo co mítico Maestro Reverendo, Wyoming tense desatado nos escenarios mesturando a electricidade co sentido do humor. Acompañado dos potentísimos Los Insolventes, nos seus concertos actuais percorre as cancións que máis o marcaron, trazando unha historia do rock dende o Chuck Berry dos anos 50 ata temas actuais, pasando por clásicos máis próximos como Rosendo, Los Bravos ou Siniestro Total. Wyoming celebrará en Cans o décimo aniversario da súa banda, quen sabe se con algunha sorpresa…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × four =