VERSOGRAMAS | 2018 | 75’ | galego, español, inglés

Dirección: Belén Montero, Juan Lesta.

Guión: Belén Montero (idea orixinal: Celia Parra).

Produción: Juan Lesta, Belén Montero, Esferobite S.C., Celia Parra.

Fotografía: Ricky Morgade.

Música: Isaac Garabatos.

Elenco: Yolanda Castaño, Dionisio Cañas, Miriam Reyes, Antón Reixa, Eugeni Bonet, Martha McCollough, Daniel Cuberta, entre outros.

Vai de: Versogramas é unha viaxe emocional cara o descubrimento dun novo fenómeno artístico de crecente popularidade. Poetas e cineastas cóntannos como ven a vida a través deste xénero e axudan a contestar a pregunta: que é iso da videopoesía?

Xénero: Documental de creación.

O detalle: Versogramas é un proxecto transmedia que inclúe, ademais do documental de creación que veremos en Cans, unha exposición, un filme experimental, un webdoc e un libro-DVD actualmente en produción coa Editorial Galaxia.

Mércores 23 | 17h00 | Baixo de Bugarín
Coa presenza da directora Belén Montero, o co-director Juan Lesta, a produtora Celia Parra e o poeta Antón Reixa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − 19 =