VALENTINA

 

Dirección: Chelo Loureiro.

Guión: Chelo Loureiro e Lúa Testa.

Vai de: Valentina soña con ser trapecista e todos lle din que o ten difícil por non dicir imposible. Agás a súa avoa. Unha avoa cantareira que tamén persegue o seu soño: dirixir unha orquestra. Pero a avoa un día desaparece sen despedirse e Valentina, xunto cos seus amigos, decide saír a buscala. Xuntos vivirán unha divertida aventura chea de emocións e música. Moita música!

Estado: en fase de pre-produción.

O detalle: Chelo Loureiro destaca pola súa labor na produción de animación e por ser impulsora de proxectos de talentos novos como Alberto Vázquez ou Juan Pablo Etxeberry. Con esta película da o salto ao guión e á dirección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × 2 =