URSÚAS

Director: Roi Fernández

Guión: Roi Fernández e Cristóbal Polo

Fotografía: Daniel Díaz

Produción: Alba Fernández e Marta Valverde

Vai de: Esta película está feita de películas. Ursúas é un conglomerado transmedia de estilos e formatos, que dende a ficción, o documental, a road movie, as artes plásticas e a integración social, realiza unha lectura atípica do Camiño de Santiago: presenta a vida de homes e mulleres reais habitando nas marxes, peregrinos que nalgún momento e por algunha razón ou sinrazón, abandonaron a senda social e elixiron a deriva dun como modo de vida.

Xénero: Película transmedia.

Estado: en rodaxe.

O detalle: Roi Fernández gañou en 2013 o premio do xurado do Festival de Cans pola curta Calquera infinito posible. O ano pasado o director presentaba a idea do proxecto na sección A que andas?, nesta edición mostrarannos un pouco máis da súa película, á que non lle falta moito para ser realidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

six + 2 =