Unicorn wars

Dirección: Alberto Vázquez

Producida por: Autour du Minuit (Fr), Uniko e Abano Producións.

Xénero: Animación.

Sinopse: O noso gran creador Alberto Vázquez, que gañou nada menos que dous Goya este ano, volve cun novo filme de animación. Neste caso cunha parodia de cine bélico, con osiños militares que adestran para a guerra definitiva contra os unicornios. En palabras do seu creador, “unha mestura de “Bambi” e “Apocalipse Now”.

Estado: En fase de posprodución

O detalle: Forxado no Festival de Cans, onde gañou en dúas edicións, Alberto Vázquez volve unir o seu talento no seu filme co do animador de Cangas Khris Cembe, que curiosamente tamén gañou en Cans o pasado ano a sección de animación. Desta unión non pode saír nada malo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

12 − nine =