UNHA VIDA DE CINE. CONTACONTOS ILUSTRADO SOBRE MARÍA CASARES [CON POLO CORREO DO VENTO]

Sábado 25 | 18h30 | Cuberto de Pato 

Prezo: 3€

Nesta actividade as nenas e nenos escoitarán unha historia narrada mentres trazan un guión debuxado dun filme –un storyboard-. A intención é achegar dun xeito didáctico como son as técnicas de realización dunha película mentres aprenden de maneira divertida os diferentes tipos de planos que existen no cine. Despois realizarán un obradoiro de debuxo da lendaria actriz galega María Casares. Este contacontos ilustrado dirixido aos máis pequenos corre a cargo de Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades lúdicas que promove a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego.

 

2 comentarios en “UNHA VIDA DE CINE. CONTACONTOS ILUSTRADO SOBRE MARÍA CASARES [POLO CORREO DO VENTO]”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × two =