Ultravioleta

Sábado 25 | 10h00 | Jalpón de Alicia

O Festival de Cans quere poñer o foco nesta sección especial Ultravioleta nunha escolma de curtametraxes realizadas por artistas e creadoras, mulleres todas elas, que tratan diferentes temáticas dende unha perspectiva feminista. Estas propostas, algunhas radicais no plantexamento, abarcan asuntos como a prostitución no documental de Carmen PG Granxeiro, o machismo no día a día na peza de Diana López, a violación no traballo de Corentena Producións ou o empoderamento na curta de Sara Casasnovas.

AS MULLERES SALVAXES

2018 | 22’ | galego

Dirección, guión e fotografía: Eire García Cid

Produción: Corentena Producións

Música: Glitchgirl

Elenco: Mariña López, Miriam Carril, Menina Arroutada, Paloma Saavedra e Patricia Torres.

Xénero: Ficción, drama

Vai de: Cinco amigas, unha festa de disfraces. O imperativo do convite: que os disfraces sexan de animais.  Unha curtametraxe que fala da necesidade de resposta, da alianza entre mulleres e de silencios que deixan de selo.

O detalle: Esta curta foi un proxecto de creación colectiva realizado por unha equipa de mulleres ligadas ao mundo audiovisual e a militancia feminista que amparou Corentena Producións. 

FEMINAZI

2018 | 17’ | castelán

Dirección e guión: Diana López Varela

Producida: Diana López (coprodución con Abella Creativa)

Fotografía: Margherita Morello

Son: Paloma García e Silvia Villanueva

Montaxe: Alejandra Sotelo Nores

Música: Mafalda

Elenco: Fernando González e Laura Míguez

Xénero: Comedia

Vai de: Rocío participa nunha plataforma feminista, un día acode a un acto da mesma, e a volta á casa, fala con Manu (o seu mozo) das responsabilidades que teñen en común. Despois dunha discusión entre ambos, os feitos van facendo que a situación se volva máis e máis rocambolesca.

O detalle: Primeira curta que dirixe a escritora e xornalista Diana López. FEMINAZI fíxose co Premio do Público no Festival de Cine de Ourense en 2018.

BENVIDAS AO CLUB

2018 | 28′ | castelán e galego

Dirección e guión: Carmen PG Granxeiro

Produción: Nery Díaz, Amaia Santamarta e Carmen PG Granxeiro

Elenco: Ana Barba Núñez, Gerardo Pardo de Vera, Carmen G. Magdaleno, Sonia Vizoso

Xénero: Documental

Vai de: A finais do 2009 dáse a coñecer aos medios de comunicación a maior investigación feita en España contra a trata, despois dun ano baixo segredo de sumario: a Operación Carioca. Benvidas ao club é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, un mundo salpicado polas drogas e que ten lugar ao noso lado.

O detalle: Este curta foi premiada no Festival de Málaga co Biznaga de Prata “Afirmando los Derechos de las Mujeres” en 2019.

A XUSTIZA POLA MAN

2018 | 8′ | castelán e galego

Dirección e interpretación: Sara Casasnovas

Produción: Alicia Alonso

Fotografía: Omar Romero

Son e música: Martin Vaz e Xulián Sambade

Montaxe: Juan Galiñanes

Voces: David Perdomo, Xaime Lis e Quico Cadaval

Xénero: Drama social, documental

Vai de: Un labirinto de pantasmas e ausencias… Un estrondo de linguaxe. A poesía como arma. Un curta que nos achega á figura e á escrita de Rosalía de Castro.

O detalle: Esta curtametraxe foi a gañadora do II Premio Temporada Alta: Cine y escena do Notodofilmfest en 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × 2 =