Triángulo de Amor Bizarro

Venres 25 | 00h00 | Torreiro de Cans

Logo de tres lustros de impecable traxectoria, Triángulo de Amor Bizarro son xa un grupo mítico do pop español, tan capaces do hit instantáneo (“Estrellas místicas”, “De la monarquía a la criptocracia”, “El himno de la bala”) como da explosión de ruido, e cun estilo lírico completamente recoñecible, capaz do romántico e do político sen caer no cursi nin no panfletario. Este 2018, o grupo de Boiro acaba de estrear o seu EP El gatopardo, no que toman a herdanza temática das cantigas de escarnio e maldizer adaptándoas aos nosos tempos, vinculando a España actual e o vello imperio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × 4 =