Therefilme (con Paulo Nimoy)

Sábado 26 | 17h30 | Cuberto de Antonio

Prezo: 3€
Duración: 45 minutos

O theremin é un instrumento cun aquel de maxia, xa que se controla sen tocalo, por medio da posición relativa entre as mans da persoa que o toca e a súa antena. Paulo Pascual, un dos pouquísimos thereministas de España, levará á rapazada por un breve percorrido pola relación do cinema coa música dun xeito moi divertido, musicalizando ao vivo co seu theremin diferentes secuencias de cinema de diferentes maneiras. Así, xogará coas distintas sensacións producidas a partir do tratamento do son en filmes nos que a presenza da muller xoga un importante papel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 − 15 =