TEMPO VERTICAL

Dirección e guión: Lois Patiño.

Producido por: Felipe Lage Coro (Zeitun Films) e Iván Patiño (Amanita Films).

Vai de: Un pobo na costa. O tempo parece terse detido. Tódalas persoas están paralizadas, ensimesmadas, mentres que a natureza e os animais móvense libremente. Malia todo, podemos escoitar á xente moverse e falar, coma se estivesen nunha dimensión paralela. A sensación é a de estar nun limbo cheo de espectros. Tres mulleres chegan ao lugar, capaces de moverse entre estas dúas dimensións. Tratan de facer algo que aínda non conseguimos comprender.

Xénero: Ficción.

Estado: Finalizando montaxe.

O detalle: Segundo filme de Lois Patiño tras o seu aclamado debut Costa da Morte, un dos filmes galegos con máis recoñecementos internacionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × one =