Tapas á moda do Festival de Cans, con Javier Olleros

Esta actividade está patrocinada por LASAL COCINAS

web_olleros

Acompañando a presentación de “O equilibro dos opostos” de Alberto Baamonde, o cociñeiro Javier Olleros, chef do restaurante do Grove Culler de Pau e un dos grandes mestres galegos, fará unha acción especial en Cans. O festival propúxolle a Olleros elaborar unha sobremesa usando a vella cociña da Señora Esther de Pedreiro, á beira da Sala Multiusos, coa colaboración de veciñas e veciños e usando produtos excedentes recollidos na aldea. Será unha acción singular promovendo os valores de Cans de coparticipación e creatividade sen esquecer a memoria dos maiores da aldea. Unha auténtica delicatessen canina!

+ info: web

Sábado 21 | 18h30 | Cociña da Señora Esther

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen − six =