Tanxugueiras

Sábado 26 | 22h00 | Cans Voulevar

O ano pasado, o vídeo dunhas novísimas pandereiteiras galegas improvisando no camerino do Festival Celtic Connections de Glasgow viralizouse. As rapazas que abraiaron a 300.000 persoas na rede eran Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que comezaron en 2016 a amosar nos escenarios todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas co nome de Tanxugueiras. A súa actitude desenfadada e o talento das súas voces non fai máis que confirmalas como as grandes promesas da música folk galega actual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × 2 =