SYD. EFECTOS ESPECIALES QUE DEJAN DE SER ESPECIALES CON EL TIEMPO

2019 | 65’ | castelán | [Estrea mundial]

Dirección, guión e montaxe: Fernando Epelde

Fotografía: Pablo Zapata

Son: Nacho Abad

Dirección de arte: Aïda Gómez

Música: Fernando Epelde

Elenco: Miguel Insua, Marta Pazos, Hugo Torres, Daniel Méndez, Alberto Basas, Isabel Dimas, Fernando Epelde, Aïda Gómez.

Vai de: Isidoro Medró, coñecido como Syd, foi un importante director de efectos especiais e creou ao mítico extraterrestre da película Vecino. Agora, a súa produtora encargoulle a súa filla Sofía unha reedición do filme con novos efectos dixitais. SYD é unha película sobre dúas xeracións, sobre un mundo obsoleto e a súa loita contra a velocidade do contemporáneo.

Xénero: Serie B. Comedia negra.

O detalle: Fernando Epelde ten realizando diferentes proxectos de videoarte e videoclips para os seus proxectos musicais. Nesta 16ª edición de Cans estreará SYD, unha especie de comedia sobre a necesidade de aproximar os relatos aos feitos nunha época de posverdade e manipulación da memoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × 3 =