Su Garrido Pombo

Sábado 25 | 17h30 | Parque do Río

A música de Su Garrido Pombo está influenciada polo jazz, o folk ou a bossa nova. Na actuación, que ofrecerá en Cans a tarde do sábado no Parque do Río, presenta o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí. Un traballo no que fusiona estilos, con cancións sinxelas pero potentes realizados só con voz e guitarra, e no que nos mostra letras realizadas a partir de poemas de Xohana Torres ou Ana Romaní con outras cancións tradicionais que lle ensinou a súa avoa na aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes. Su Garrido Pombo forma parte do proxecto musical Son Trío, finalista dos Premios Martín Codax na categoría de música clásica contemporánea, e foi a gañadora da última edición dos Premios Fran Pérez “Narf”, que organiza a Deputación da Coruña, entidade que está apoiando e promovendo as súas actuacións en destacados festival de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 + 17 =