Siro López

Viñetas no Cans Voulevar

Inauguración o venres 20 | 19h30 | No Cans Voulevar

siro2

Cada ano o festival proponlle a un humorista gráfico que debuxe a súa visión de Cans e o cinema. Primeiro foi Luis Davila “O Bichero”, logo Xosé Lois “O Carrabouxo” e o ano pasado Xaquín Marín. Agora é a quenda de Siro López (Ferrol, 1943). Pintor e debuxante, pasou máis de trinta anos da súa vida facendo debuxo de humor e caricatura política en distintas publicacions galegas, nomeadamente para La Voz de Galicia. Ten publicados máis de 15 álbumes de temática variada, nos 90 deseñou a praza do Humor da Coruña e máis recentemente os murais do porto de Ribadeo. Expuxo individualmente nos principais espazos expositivos galegos e en Madrid, Bilbao, Barcelona, Vila Real e Lisboa, e a súa obra está representada nas principais coleccións artísticas de Galicia.

Unha das súas viñetas estará centrada na conmemoración do Ano Castelao.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 − 6 =