Sección Oficial: Videoclips

Noite LASAL COCINAS

O concurso de videoclips do Festival de Cans, que se celebra na noite do xoves 23 de maio, recolle as propostas audiovisuais e musicais galegas máis recentes. Na selección desta 16ª edición poderemos ver traballos que empregan a animación como José Aragunde e Ana Seoane ou Peque Varela, e outros que combinan o experimental co arquivo de imaxes persoais como nos mostra Rubén Domínguez. A variedade de propostas tamén está presente no musical, onde poderemos escoitar sons que van dende o barullo punk de Contenedor de Mierda á mestura entre a electrónica e o folclore de Baiuca, pasando polo folk de Birds & Cables, o rap de GHZ ou o pop acústico de Silvia Penide.

1. Igloo – “G7”. Dirixe: Lara Isabel Gómez.

2. KADETTGSI – “Scalextric”. Dirixe: Emilio Horyaans.

3. Guadi Galego – “Desdibuxar”. Dirixe: Carlos Lago.

 

4. Músculo! – “What me left behind”. Dirixe: Rubén Domínguez.

5. Xoana – “Mártires”. Dirixe: Andreia Táboas.

6. Birds & Cables – “Older with you”. Dirixe: Soledad Rebollo.

7. GHZ feat Hugo Guezeta – “Veleno”. Dirixe: Adrián González.

8. La casa de los ingleses – “Nunca lo veremos”. Dirixen: José Aragunde e Ana
Seoane.

9. Silvia Penide – “El Salto”. Dirixe: Pulpiño Viascón.

10. Baiuca feat Aliboria – “Olvídame”. Dirixe: Adrián Canoura.

11. Contenedor de mierda – “Ponte de pijo”. Dirixe: Sara Iglesias.

12. Pantis – “Val”. Dirixe: Rubén Domínguez.

13. Blanco Palamera – “Sola con mi voz”. Dirixe: Adrián Canoura.

14. MounQup – “Totally Wired”. Dirixe: Camille Hedouin e Didier Jujax.

15. Basanta – “Gris”. Dirixe: Xaime Miranda.

16. Berta Franklin – “Somos incendio”. Dirixe: Rubén Domínguez.

17. MJ Pérez – “O fío do que pendo”. Dirixe: MJ Pérez.

18. Window Pane – “Vision”. Dirixe: Peque Varela.

19. Thee Blind Crows – “Loco Chamanes”. Dirixe Gero Costas.