FuraCans (non ficción)

FuraCans está chamada a converterse nunha das grandes apostas desta XVI edición do Festival de Cans. Nas nove curtas seleccionadas emerxe o traballo dunha interesantísima xeración de realizadoras e realizadores nacidos, sobre todo, na década do 90. Nesta sección a concurso veremos pezas que exploran diferentes xéneros, que procurar unha mirada propia e persoal e que están marcadas por diferentes estéticas e estilos: dende documentais ao uso, exploracións autobiográficas, pezas experimentais no visual e no sonoro ou videocreacións. Tres destas nove curtas terán a súa estrea absoluta en Cans (In touch with the infinite de Alejandra Pombo, Palmira de Rebeca Lar e Devalar de Mar García) mentres que En la boca de la mina de Brandán Cerviño será estrea en España.