CanSonoro

Sábado 26 | 10h00 | Polos camiños de Cans. Saída dende a Rotonda do Can.

Dende hai algúns anos, o gran Xurxo Souto, escritor e cantante dos Diplomáticos de Monte Alto ou Os Tres Trebóns, guía polas corredoiras de Cans un roteiro baseado nas historias dos veciños e veciñas e na memoria musical de cada casa. Acompañado polos acordeonistas de Acordecans, que fan a ruta con el, Souto conta historias, interactúa, canta cos veciños e intercala diálogos de filmes no seu discurso. Unha proposta diferente que fascina á xente de Cans e visitantes e este ano estará centrada nas historias de mulleres.

Roteiro literario-cinéfilo con Carlos Meixide

Mércores 23, Xoves 24 e Venres 25 | 11h00 | Saída da Rotonda do Can

Hai dous anos, o escritor, xornalista e humorista Carlos Meixide veu a Cans convidado para ofrecer a súa “mirada de Cans”. Foi unha visita inspiradora, xa que rematou por publicar unha novela xuvenil titulada Cans. O ano pasado iniciou estes roteiros cinéfilo-literarios cos que guía aos asistentes polos puntos nos que os protagonistas do libro viviron as súas particulares aventuras. Polo medio, moitos apuntes e referencias cinéfilas coas que gozan as nenas e nenos que leron o libro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × 4 =