RETROSPECTIVA VIDEOCLIPS DE BUDIÑO

Sábado 25 | 19h00 | Cuberto de Mucha do Peso

Músico, compositor e gaiteiro excepcional, Xosé Manuel Budiño ten as súas costas unha traxectoria artística de máis de vinte anos. A principios de ano sorprendía ao público coa publicación do seu novo disco Fulgor, o sétimo da súa carreira. O novo Budiño revélase como un magnífico compositor de cancións dando o salto ao xénero pop, e gravando, producindo e mesmo cantando todos os temas coa complicidade de artistas como Depedro ou Xoel López.

Esta será unha oportunidade única para ver e coñecer de primeira man a súa evolución. Na escolma de clips poderemos ver pezas de realizadores habituais en Cans como Enrique Otero ou Roi Fernández, outros clips rescatados do esquecemento como é “Rapabestas” feito por Tareixa Montes coa colaboración de Jorge Coira a finais dos anos 90. Tamén se proxectará o videoclip de “Frida”, un dos temas de Fulgor, gravado en México e que supón o debut de Budiño como realizador.

LISTADO DE CLIPS:

“Rapabestas” (1998), dirixido por Tareixa Montes e Jorge Coira.
“Ortegal” (2011), dirixido por Enrique Otero.
“Nubeiros e Tronantes” (2013), dirixido por Roi Fernández.
“Santiago” (2019), dirixido por María Gutiérrez e Marcos Martínez.
“Frida” (2019), dirixido por Xosé Manuel Budiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 4 =