REBOBINANDO, O FILME CONTADO

El desconocido, de Dani de la Torre

Xoves 19 | 17h00 | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)

PELICULA EL DESCONOCIDO CO PRODUCIDO POR VACA FILMS RODAJE EN SANTA CRUZ PELICULA EL DESCONOCIDO CO PRODUCIDO POR VACA FILMS RODAJE EN SANTA CRUZ DANI DE LA TORRE

O pasado ano, Cans estreou unha sección que era unha aventura arriscada: propoñerlle a un director que contase os segredos da súa película, en tempo real, falando cun micro ao mesmo tempo que transcorre a proxección, durante os silencios do filme. Ignacio Vilar foi o primeiro cineasta que se prestou a tal xogo con A Esmorga . A sección foi moi comentada no boca a boca dos profesionais e este ano o candidato que recollerá o relevo é Dani de la Torre para rebobinar El Desconocido, sen dúbida unha das películas do ano.

El desconocido

2015 | 95′ | Español

Dirección: Dani de la Torre

Guión: Alberto Marini

Produción: Vaca Films, Atresmedia Cine, La Ferme Productions

Produción executiva: Emma Lustres, Juan Carlos Caro

Montaxe: Jorge Coira

Son: David Machado

Elenco: Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Elvira Mínguez, Goya Toledo, Fernando Cayo, Paula del Río, Marco Sanz, Antonio Mourelos, Ricardo de Barreiro, María Mera

Vai de: Carlos, executivo de banca, comeza a súa mañá rutineira levando aos seus fillos ao colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido, pero que o sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba debaixo do seu asento e comunícalle que ten apenas unhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro. Se non o consegue, o seu coche voará polo aire.

Xénero: Thriller psicolóxico e acción

O detalle: Premios Goya a mellor montaxe e mellor son, con oito nominacións en total, e que acaba de recibir 12 premios Mestre Mateo. Dani de la Torre é un Fill@ de Cans, que gañou premio nalgunha ocasión e veu contarnos os seus proxectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × four =