RAICEIRA

Sábado 25 | 22h00 | Escenario Fundación SGAE – Cans Voulevar

De entre a riqueza de propostas que traballan co folclore galego, a de Raiceira destaca pola súa personalidade e orixinalidade: estas dúas lucenses parten de melodías da nosa tradición popular pero reinterprétanas mesturando as influencias de diferentes estilos, instrumentacións e aprendizaxes. Deste xeito, un instrumento normalmente asociado á música clásica como o violonchelo mestúrase coa gaita ou as percusións de man, nun repertorio que respecta as características propias da orixe xeográfica de cada peza e o carácter feminino das melodías, transmitidas principalmente por mulleres de xeración en xeración.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × one =