Querida Utopía

Mércores 24 | 20h00 | Baixo de Bugarín

Avance do documental “Querida Utopía” arredor da figura do filósofo e profesor natural de Cans, Francisco Fernández Buey. A peza está dirixida polo realizador Juanma Lodo.

Filósofo, escritor e profesor na UAB (Universidade Autónoma de Barcelona) Francisco Fernández Buey (1943- 2012) é, en palabras de Xesús Alonso Montero “un dos intelectuais galegos máis brillantes”. Aínda que en todas as biografías aparece como nacido en Palencia, Paco Fernández Buey visitaba sempre que podía unha aldea na que atopaba as súas raíces e a súa casa familiar: Cans. Formado con poetas como José María Valverde, helenistas brillantes como Emilio Lledó e criado filosóficamente á beira do filósofo marxista Manuel Sacristán, Férnández Buey plasmou o seu pensamento en máis de media dúcia de libros. O seu recoñecido antifranquismo e militancia comunista levouno a ser expulsado da Universidade en 1966, pero Fernández Buey nunca desistiría das súas ideas, que nos últimos anos viraban cara o altermundismo.

O Festival de Cans quere recoñecer este ano ó que posiblemente sexa o intelectual máis ilustre –e máis descoñecido- orixinario desta aldea, promovendo a rodaxe dun documental e colocando unha placa como homenaxe na súa casa familiar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × 5 =