Psiconautas

Xoves 19 | 20h00 | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)

Psiconautas2

Dirección: Alberto Vázquez e Pedro Rivero

Dirección de animación: Khris Cembe

Dirección de arte: Alberto Vázquez

Guión: Alberto Vázquez e Pedro Rivero. Baseado na novela gráfica “Psiconautas” de Alberto Vázquez

Produción: Zircozine Animation, Basque Filmes

Montaxe: Iván Miñambres

Música: Aranzazu Calleja

Vai de: Tras unha terrible catástrofe ecolóxica na illa en que habitan, Birdboy e Dinki perderon aos seus pais. Houbo un tempo no que afrontaron xuntos a súa dor, pero Birdboy vive agora illado no bosque, consumíndose e alleo á decisión de Dinki de emprender unha arriscada viaxe en busca dun lugar mellor. Birdboy terá que loitar contra os seus demos interiores se quere unirse a Dinki a tempo de axudala na súa aventura e salvarse a si mesmo.

Xénero: anticonto de crítica social

O detalle: Esta longametraxe é a culminación do camiño que Alberto Vázquez iniciou coa curtametraxe “Birdboy”, coa que gañou en Cans en 2011, un Goya en 2012 e estivo preseleccionado para a correspondente categoría dos Óscar. En Cans repetiu Premio á Mellor Curtametraxe de Animación en 2013 con “Sangre de unicornio”.

+info: Facebook | Web

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × four =