Proxecto Cans303

Mércores 24 | 20h00 | Baixo de Bugarín

Presentación do traballo do proxecto “Cans 303” feito polas alumnas e alumnos do curso. Estrea do documental sobre a emigración.

O Proxecto Cans303 é unha iniciativa que se iniciou o ano pasado e que conta cun obxectivo dobre: rescatar a memoria dos veciños e veciños de Cans e estimulalos para que se animen a crear no eido audiovisual. Para isto alentamos a un grupo de dez persoas da aldea entre os 12 e os 60 anos a desenvolver a proposta, pasando por todas as súas fases, dende a formación ata a presentación do resultado.

O proxecto calendarizouse do seguinte xeito: os veciños e veciñas participantes recibiron durante varios sábados entre febreiro e maio aulas básicas de técnicas de gravación, produción, edición e montaxe co realizador Juanma Lodo;, planearon e rodaron o seu exercicio práctico, montárono e agora estréase dentro do programa do festival.


Hoxe non é un soño

Vai de: O documental trata o fenómeno da emigración a través das lembranzas e vivencias de José Quintás Sánchez, Pepe, veciño de Cans que emigrou a Venezuela cando só era un neno. O testimonio de Pepe mesturase cas lembranzas de Alicia, nai de Pepe e co traballo escolar realizado por Raúl Rodríguez Fernández, tamén veciño de Cans, que comeza así:

 “Pepe naceu en Cans, O Porriño (Pontevedra) en 1953. Os seus pais emigraran a Venezuela en busca de traballo e mellores oportunidades, mentres el e a súa irmá quedaban ao cargo dos avós. Ao cabo dun tempo, cando os pais se conseguiron establecer no país, levaron consigo os rapaces. Pepe tiña entón once anos e a súa irmá, sete.”

Elenco: Jose Quintás Sanchez (Pepe) -64 anos- Venezuela, Alicia Sánchez González -89 anos- Venezuela/Cans; Raúl Rodríguez Fernández-14 anos- Cans.

Xénero: Curtametraxe documental

Ano: 2017

Equipo: Documentado, gravado e montado polos alumnos do 2º Curso de Cine de Cans: Ainhoa Cabaleiro, Antía Rodríguez, Marta Signo, Raúl Maceira, Andrés Fernández, Silvia Rivas, Marta García, Ángel Rodríguez e Flora Maceira.Coordinado polo realizador: Juanma LoDo

Produción: Asociación Arela, ente organizador do Festival de Cans

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen + 8 =