PROXECTA CONSTRÚE “ACHEGAR OS FESTIVAOS AO PÚBLICO NOVO: ESCOITAR PARA PROGRAMAR”

Xoves 23 | 10h00 | Baixo do Moncho

Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, impulsa estas mesas de debate, baixo o nome de Proxecta Constrúe, coa idea de estimular e fomentar a interrelación entre os certames e o seu público. A mañá do xoves 23 o Festival de Cans terá un encontro con estudantes de diferentes institutos de Galicia e os organizadores e programadores de festivais como Curtocircuíto, o Carballo Interplay, o FIC Bueu ou o Festival de Cans. O obxectivo desta palestra é ter un espazo de diálogo de ida e de volta no que conversar co público novo, normalmente afastado dos certames e co que custa conectar, e de escoitar os seus intereses e propostas para que teñan cabida dentro das programacións.

Coa presenza de Sonia Méndez (Carballo Interplay), Manuel Pena (FIC Bueu) e Alfonso Pato (Festival de Cans) e Ángel Sánchez (Play-Doc).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sixteen + two =