Programa en directo: El séptimo vicio, de Radio 3, con Javier Tolentino

Mércores 23 | 19h00 | Baixo de Moncho
Xoves 24 | 16h00 | Casa do Cid
Venres 25 | 20h00 | Baixo de Moncho

Este ano El séptimo vicio instálase en Cans. O xornalista Javier Tolentino conducirá durante tres días dende o Festival o programa radiofónico de referencia dos cinéfilos e cinéfilas, en concreto dende lugares tan emblemáticos do festival como o Baixo de Moncho ou a Casa do Cid. O público de Cans poderá ver así en directo as entrevistas e actuacións deste espazo que defende apaixonadamente o movemento das curtametraxes e tenta retratar as novas vangardas cinematográficas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × 2 =