Programa “Disco Grande” de Radio 3 en directo

Venres 26 | 17h00 | Multiusos

Co xornalista Julio Ruiz ao fronte, Disco grande presta atención aos sons máis actuais, de aquí e foráneos, do pop e as súas ramificacións. Con corenta anos de historia é na actualidade o programa máis lonxevo da radio española. Dende hai aproximadamente uns quince anos, colocóuselle ao formato o cartel dde “programa indie”, e tal e como di o seu equipo “indies, imposible; más independientes, difícil”.

Non faltedes a esta cita coa radio e a música e directo nun dos espazos máis emblemáticos do noso Festival: o complexo formado pola sala Multiusos e o Jaliñeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 14 =