Premio Pedigree’16: Miguel de Lira

Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia. Ten actuado en filmes representativos do noso cinema como A esmorga de Ignacio Vilar, Os Fenómenos de Alfonso Zarauza ou Somos gente honrada de Alejandro Marzoa. Pero, ademais da súa traxectoria en longametraxes, Miguel de Lira é un actor versátil, que ten traballado en curtas, na televisión e no teatro. O seu personaxe de Evaristo Currás na serie Mareas Vivas convertiuno nun actor icónico en Galicia, e a súa labor como fundador da Compañía Chévere desde 1986 estivo recompensada co Premio Nacional de Teatro en 2015. O Festival de Cans non só premia a Miguel de Lira polo seu amplo currículo, traxectoria e versatilidade como actor, senón tamén polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e o entorno que o rodea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen − eleven =