PAXARO ESCURO | 2017 | 17’ | galego

Dirección e guión: Simón Casal de Miguel.

Produción: Simón Casal de Miguel, Lucas Nadal.

Montaxe: Luis Millares, Simón Casal.

Fotografía: Antonio Vales.

Son: David Machado.

Música: Sergio Valdivieso, Fennesz.

Elenco: Toni Salgado, Carlos Sante, Sabela Arán, Camila Bossa.

Vai de: Galicia, 2035. Tras a Fractura, os estados foron troceados e vendidos ás corporacións. O 80% do territorio galego está arrasado. Non queda rastro de ningún paxaro. Un mercenario recibe a misión de capturar a unha líder da guerrilla que loita contra o sistema dende as áreas que aínda permanecen virxes.

Xénero: Ciencia-ficción, thriller.

O detalle: Antes desta distopía na que aborda unha posible Galicia do futuro e denuncia as actividades extractivas das multinacionais, Simón Casal dirixiu previamente a longa Lobos sucios, na que abordaba a presenza dos nazis en Galicia para explotar o wólfram durante a Segunda Guerra Mundial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three + 14 =