Pardo

Sábado 26 | 18h30 | Cans Voulevar

O coruñés Néstor Pardo definiuse algunha vez como “cantautor nacido no rock and roll, criado no blues e o jazz e emancipado no folk e a música latina”. Logo dunha traxectoria na que foi cantante e guitarrista de bandas fundamentais do rockabilly (The Loveless Cousins) e do rhythm and blues (The Allnight Workers) en Europa, na súa carreira en solitario practica un sano eclecticismo, posible pola forza e versatilidade que leva na súa voz e a súa guitarra. Nos seus dous últimos discos, Libélula e Siento no haber sido lo esperado, revelouse ademais como un notable letrista en español.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 + sixteen =