Pantis

Sábado 26 | 20h30 | Invernadoiro e Cuberto de Mucha do Peso.
Concerto + retrospectiva de clips de Rubén Domínguez
Prezo: 3€.
Duración: 75 minutos (30′ retrospectiva + 45′ concerto)

Pantis é o proxecto en solitario de Rubén Domínguez, unha das persoas fundamentais para entender a música galega dos últimos anos, sexa polo seu traballo como músico en Telephones Rouges, Chicharrón ou Metralletas Lecheras ou pola súa labor como deseñador e realizador audiovisual. En Pantis elabora un emocionante pop electrónico, de letras e texturas fermosas pero inquedantes que se ubican sobre ritmos obsesivos. Dá pé a unha catarse bailable, na que chegamos a sentir por riba das nosas posibilidades. En Cans teremos a oportunidade de desfrutar do seu concerto unido a unha retrospectiva do seu traballo no ámbito do videoclip, que inclúe traballos para Señor Anido, Novedades Carminha, Peña, Franc3s ou Mullet.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 − seven =